
Toda la información aquí:
FECHAS DEL CURSO: 29 de septiembre al 1 de noviembre
Durante os últimos días, Estaca de Bares converteuse nun punto de encontro para persoas interesadas no mundo das aves co desenvolvemento das ‘I Veladas Pajareras’, organizadas no marco do proxecto #AlasOceánicas de SEO/BirdLife, o Concello de Mañón e CEIDA.
Entre o 26 de agosto e o 4 de setembro, o programa achegou ao público diferentes perspectivas sobre as aves e os seus movementos, afondando especialmente na migración das aves mariñas e no seu seguimento científico, desde a costa galega ata outros lugares clave para comprender as súas rutas migratorias.
As xornadas tamén permitiron coñecer experiencias relacionadas co seguimento e conservación de especies concretas, como a avefría choromica, así como achegarse á divulgación da ornitoloxía a través da literatura e os relatos de viaxe, con presentacións de libros vinculados ao mundo das aves.
O programa completouse con espazos para reflexionar sobre a participación das mulleres no ámbito da ornitoloxía e sobre a importancia de visibilizar as súas voces e experiencias.
Unha programación diversa que combinou coñecemento científico, divulgación, cultura e participación, contribuíndo a poñer en valor Estaca de Bares como lugar privilexiado para o estudo e a observación das aves e das súas migracións.
#AlasOceánicas#EstacaDeBares#Mañón#AvesMariñas#Migración#Ornitoloxía#EducaciónAmbiental @seguidores @fans destacados

